Mercado da arte contado nunha hora.
“O tiburón dos 12 millóns de dólares: Os cómos e os porqués. Axentes, medios e curiosidades do mercado da arte actual”
Este foi o título que lle demos a esta conferencia impartida o pasado maio 2023 para explicar aos ourensáns que se quixeron pasar polo Centro Cultural Marcos Valcárcel os entresixos dun mundo que parece opaco pero que en realidade é bastante sinxelo.
A conferencia ten unha hora de duración e é en lingua galega.
Se tedes dúvidas ou comentarios sobre mercado da arte ou calqueira tema relacionado, podedes contactarme aquí.
Falei primeiro do mercado en xeral e despois da situación ourensá. Galerías, artistas, consultoras e coleccionistas.
Esta conferencia co Ateneo foi a primeira de unha colaboración que continúa vixente. Coñecémonos coa plataforma “Non ao peche da UPO” e xuntos estamos intentando facer e promover cultura na cidade das Burgas.
Co Museo Municipal pechado e os orzamentos para cultura cortados, estas iniciativas son vitais para que a cidade continue sendo un referente para a cultura contemporánea galega. Esperemos que en pouco tempo a cordura regrese ás nosas rúas e voltemos a ser a anteriormente denominada “Atenas galega”.