- Este evento ha pasado.
Exposición “Fíos de Prata”
24/06/2021 - 17:30 - 23/07/2021 - 20:30
“Fíos de prata”
Alba Fernández observa o mundo desde unha burbulla translúcida que flota a ras do chan e ten un buraco cuns anteollos. Ela desde alí mira, analiza, debulla e, finalmente, ilustra un sentimento. O que Alba propón non é unha mostra de debuxos. É unha experiencia visual que case se confunde cun arrecendo familiar, coa lembranza táctil dun abrazo ou co sabor da auga salgada nun mergullo de fin de verán.
O simple dos seus trazos contrasta coa claridade da súa mensaxe. Delgados fíos que ilustran unha realidade de coidados, de ledicia e de liberdade. Fíos de prata que conforman unha vida posible.
Esta proposta artística invita aos espectadores a navegar por sentimentos e sensacións distintas e individuais. Son os ollos de cada un de nós os que activarán as obras e lles darán sentido.
Temos nestes escaparates cedidos por Paloma García Delgado, ao redor de 45 obras de pequeno formato delicadamente ilustradas con tinta china, lapis de cor, acuarela, gouache… e incluso unhas tesoiras.
Inauguración 24 xuño de 17:30 a 20:30
“Marcos e molduras Marta”
Rúa Ervedelo 13
Ourense
Texto e comisariado de Olga Pastor Alvarado