- Este evento ha pasado.
“Las Certezas del Sol” Presentación A Coruña
19/12/2024 - 19:30 - 22:00
“Las Certezas del Sol”, un fragmento dun poema de Emily Dickinson, é o último libro publicado por Frenética – Laboratorio de Arte e Edición.
Trátase dunha recompilación de textos da elocuente poeta, coa interpretación artística da artista Marita Carmona.
Emily Dickinson é, sen dúbida, un dos prodixios máis sublimes no que se refire á poesía occidental.
A artista e galerista galega Marita Carmona sábeo desde hai tempo e por iso leva meses traballando arreo para levar a bo porto este gran proxecto.
O vindeiro 19 de decembro, xoves, terá lugar a presentación en A Coruña desta ansiada publicación que correrá a cargo do Galgo Azul, librería.
A propia artista e Olga Pastor Alvarado, editora de Frenética Lab e agardamos que estean presentes todas as persoas amantes da poesía e da arte que están en A Coruña.
Teremos a oportunidade de ver en directo a obra orixinal de Marita Carmona. Os debuxos que se crearon especificamente para esta publicación.
Ademais, agardamos que a xente máis atrevida se achegue con nós a recitar algún dos poemas do recompilatorio.
É un libro-obxecto; Unha obra de arte perfecta para regalar ou regalarse.
Unha peza de coleccionista do que só se publicaron 500 exemplares.
Non perdas “Las Certezas del Sol”