
- Este evento ha pasado.
Libro de Horas – Marita Carmona no Marcos Valcárcel
01/02/2024 - 19:30 - 21:00

Libro de Horas – Unha exposición de Marita Carmona no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
O 1 de febreiro é a inauguración da exposición “Libro de horas” de Marita Carmona que teño o inmenso pracer de comisariar.
Será na sala do primeiro piso do Centro Cultural Marcos Valcárcel e contará coa presenza da artista, que falará das súas obras e dos procesos creativos.
É un evento de entrada libre e esperamos ver moitas caras coñecidas.
A artista e galerista de A Coruña Marita Carmona leva 6 anos residindo en Ourense. Por fin, chega ás salas do Centro Cultural Marcos Valcárcel. Trátase da segunda exposición individual da artista na cidade, sendo a primeira no ano 2021 no Espazo de Arte de Roberto Verino. Presentará obra pictórica de grande fromato xunto con debuxos de diversos tamaños.
Marita Carmona nace en Madrid en 1975 e de moi nova instálase con toda a súa familia na cidade da Coruña. Crece nun ambiente artístico e cheo de xente, xa que ven dunha familia numerosa.
Estuda na Escola D ́Arts Aplicades Llotja de Barcelona e a súa vida como artista profisional comeza no ano 1995 coa súa primeira exposición individual.
Olga Pastor comisaria por segunda vez neste espazo. A primeira vez foi co artista Ali Ali no ano 2019.