
- Este evento ha pasado.
“O RETRATO FOTOGRÁFICO. Alma ou Materia alumeada”
06/06/2023 - 8:00 - 17:00

“O RETRATO FOTOGRÁFICO. Alma ou Materia alumeada”
Anunciamos, con tempo, outra nova actividade cultural para este mes de xuño, para que axiña vos inscribades. En colaboración co El Liceo de Ourense e o @Ateneo de Ourense.
✨📷✨📷✨📷✨📷✨📷✨📷✨📷✨
Esta vez é preciso a inscrición previa, polas prazas que temos.
No e-mail queremosupo@gmail.com.
Que imos aprender desta vez? pois
FOTOGRAFÍA de RETRATO…
🌸📷🌸📷🌸📷🌸📷🌸📷🌸📷🌸📷🌸
A través da sesión impartida polo presidente do Ateneo de Ourense, Pablo González Prieto, sobre a FOTOGRAFÍA de RETRATO en BRANCO e NEGRO.
No seminario teórico – práctico que leva por título:
“O RETRATO FOTOGRÁFICO.
Alma ou Materia alumeada”
O día 15 de xuño ás 18:00h na sede temporal do Ateneo, o Centro Cultural Marcos Valcárcel.
🕵🏼♀🌸🕵🏼♀🌸🕵🏼♀🌸🕵🏼♀🌸🕵🏼♀🌸🕵🏼♀🌸🕵🏼♀🌸🕵🏼♀
Remitiránse as indicacións @s participantes unha vez inscrit@s.
Agora miramos o mundo a través do visor, miramos ás persoas coa maxia da luz.
Non agardes e inscríbete canto antes.
Eu, nesta ocasión, non vou falar nin facer fotos… Vou facer de modelo! Un soño de infancia cumprido. Quen mo ía dicir.
Mostrarei os resultados en posts de redes sociais e mesmo neste blogue, posto que se o alumnado fai un bo traballo, aproveitareino para uso divulgativo.
Moitas grazas Liceo, Ateneo e Non ao peche da UPO.