Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

“Ourense hoxe: Artistas actuais da e na provincia” – Parte II

20 junio - 19:30 - 21:00

Ourense hoxe

Ourense hoxe. Ourense sempre.

O próximo día 20 de xuño falarei de artistas de Ourense por segunda vez.

A primeira conferencia con esta temática de “Ourense hoxe”, foi o ano pasado, tamén coa Fundación Cum Laude. Falei de artistas actuais de todas as disciplinas, estilos e idades. Esto forma parte dunha investigación que estou levando a cabo e espero algún día poda ter a oportunidade de publicar.

Este ano será a mesma temática… pero diferentes artistas. Hai moito talento na nosa provincia e difundilo é moi importante. Saber o que temos é o primeiro paso para crecer e facer crecer a nosa contorna.

Espero que podades acompañarme esa tarde, xusto antes do comezo do verán.

Aquí podedes ver a conferencia do ano pasado:

No canal de Youtube da Fundación Cum laude están todas as conferencias, tanto miñas coma de outras compañeiras e compañeiros, de todos os anos anteriores.

Ourense hoxe non está culturalmente tan ben como nos gustaría. Pero un día o museo municipal abrirá as súas portas de novo e a arte da provincia voltará a ter a súa sede. O peche do museo perpretouse o 1 de outubro do 2021 por decisión do goberno de Gonzalo Pérez Jácome. Desde entón, quere licitalo para hostelería sen ter en conta a necesidade vital dun museo nunha cidade coma a nosa.

Continuaremos loitando.

Sempre.

 

 

Local

Sala Valente
Rua paseo, 20
Ourense, Ourense 32003 España
+ Google Map
Ver la web del Local