
- Este evento ha pasado.
Presentación en Maceda de “Carteis, Cartazes, Affiches”
24/09/2023 - 12:30 - 14:30

Presentación en Maceda o domingo 24 de Setembro en Maceda.
Baldomero Moreiras , creador incansable de obras de moi diversos formatos e disciplinas, recolle neste libro boa parte das súas obras en papel, que posteriormente foron reproducidas en forma de carteis, postais ou placas conmemorativas.
A través das voces de tres profesionais e amigos do autor, móstranse aquí o modo de pensar de Baldomero Moreiras e a creación destes carteis, que son, á súa vez, un claro exemplo do imaxinario colectivo da provincia de Ourense.
O artista local está presente, impregnando a nosa rutina. Pasa a formar parte da nosa vida e da nosa imaxinación diaria. Por iso, cando distinguimos a súa pegada en calquera recuncho, invádenos unha tranquila sensación de familiaridade e pertenza. Todos unidos polo fío condutor da estética dos nosos artistas.
(Fragmento do libro)
Baldomero Moreiras (Celanova, 1955) vive e traballa en Paderne, Ourense.
Este libro monográfico de Frenética está coeditado coa Fundación Curros Enríquez de Celanova e financiado polo Concello de Celanova e a Deputación de Ourense.
Presentación en Maceda no local multiusos da Tapería “A Fenda”.
Non haberá unha sesión vermú mellor en toda a provincia. O dúo Musical Aléndalúa regalaránnos algunhas pezas de música antiga… desas que tocan eles con instrumentos antigos… que fabrican tamén eles. Unha marabilla, vamos!
Vémonos!