- Este evento ha pasado.
Visita a Libro de Horas con artista y comisaria
28 febrero - 19:00 - 20:00
Visita guiada a Libro de Horas
Continuamos o 2024 cunha cita para o disfrute dos sentidos, a mente e as emocións, coa ACTIVIDADE CULTURAL: LIBRO DE HORAS, que imos celebrar o vindeiro mércores día 28, ás 19h da tarde no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense.
Faremos unha intensa e creativa viaxe ao interior da exposición de pintura da artista Marita Carmona, titulada: Libro de HORAS, da man da comisaria Olga Pastor. Vai a ser toda unha experiencia, como sempre, gratificante.
A desfrutar da Arte, a Cultura e a Educación, que tanto ben nos fai.
Visita moi especial na que conversaremos sobre eses seres que Marita crea e convive.
Sempre de acceso libre.
Marita Carmona – Artista
Olga Pastor Alvarado – Comisaria
El Liceo de Ourense – Organizador
NON ao peche da UPO – Organizador
Centro Cultural Marcos Valcárcel – Sede
Unha porta representa todas as portas.
A imaxinación é un corredor de mil portas.
Restablece a respiración mental, oxixenando o asfixiante absolutismo da realidade oficial.
E, en verdade, relacionándose con ela.
O neno vello bambéase e míranos, como esperando,
el tamén,
a súa porta a través do que observa.
Marita Carmona
O que hai de misterioso nestes cadros ten que ver, en grande medida, coa súa condición de escenarios.
Non son depósitos de cores nin de formas.
Non son simples artificios, de resultado máis ou menos feliz. Non fican aí.
Neles ocorre algo. Hai unha intriga. E o que non se ve forma parte inseparábel do que vemos.
Manuel Rivas