- Este evento ha pasado.
Visita Guiada a “Carteis, Cartazes, Affiches”
21/09/2023 - 16:00 - 19:00
Visita Guiada en Celanova
Dentro do Ano Cultural da UPO, organizamos unha visita guiada en colaboración coa Fundación Curros Enríquez.
Será o próximo 21 de setembro e percorreremos as salas, ateigadas da marabillosa obra de Baldomero Moreiras nunha.
Como sempre, a Universidade Popular de Ourense propón as mais interesantes actividades para que o seu espíritu continúe connosco.
Quedamos sen Universidade Popular hai xa dous anos e, aínda que o noso interese principal era recuperala, coa reelección do actual alcalde vémolo difícil. Aínda así, vamos terminar este ano de actividades da mellor maneira que existe, convidando a toda a cidadanía de participar en actividades enriquecedoras que nos nutran a todos con educación, cultura e diversión.
Como sempre, organizarémonos en coches para que ninguén se quede fora e unha vez alí, eu (Olga Pastor) encargaréime de que todos teñan unha visita agradable. Desde a Fundación, guiaránnos pola propia casa de Curros, explicándonos as estancias e a documentación que alí teñen. Despois, nos adentraremos na obra de Baldomero Moreiras eos seus carteis.
A exposición ten dous tipos de obra:
- Nas escaleiras os carteis de festas e eventos
- Nos corredores e estancias os orixinais, feitos coa centenaria técnica do collage.
É unha oportunidade única; non a perdades.