Pintor Laxeiro, tí de quén vés sendo?
Dende os 6 ata o 17 anos vivín nunha Rúa que se chamaba “Pintor Laxeiro”, nun edifício cunhas grandes escaleiras que se chamaba “Edificio Laxeiro”.
Sabía que era un señor de Lalín que era artista pero tristemente non tiven moita cuiriosidade na miña infancia e xuventude por saber quen era ou que facía. Agora síntome moi estúpida, porque Laxeiro estivo vivo ata o ano 96 e igual, preguntando, ata mo podían ter presentado. Pero non lle podo recriminar cousas á Olga do pasado… porque entón viviría nunha culpa infinda.
Morreu cando eu tiña 15. Non me lembro se me enterei… Supoño que si. Era moi importante en Lalín.
O pintor Laxeiro sempre foi abandeirado da súa terra. Seica naceu nunha familia moi normal e fíxose a sí mesmo dentro do mundo da arte. Destacar como artista sen ter patrocinadores é moi complicado, e mais se eres de aldea… e aínda mais se non tes cartos. Os cartos cos que conseguiu empezar a pintar e a presentar obra a diferentes entidades foron gañados traballando en Lalín como barbeiro. Primeiro ambulante, de feira en feira, despois nun sitio fixo onde puxo un cabalete e retrataba á clientela. Non é digno de biopic este detalle?
Aínda que o Pintor Laxeiro vivise enteiramente no S. XX a súa vida non dista tanto da de un artista que fai carreira hoxe en día. Viaxou, traballou, tivo becas que lle deron oportunidades… Viviu en varias cidades, incluindo fora de España. Foi para Arxentina a media carreira e eu penso que aí foi o colofón, porque a mezcla de estilos sacou o mellor del.
Cando volveu, a súa carreira ía vento en popa e instalouse en Vigo, e claro, en Lalín.
Nunca esquecería Bos Aires e sempre que tiña ocasión de encontrar alguén de alá, estaba encantado de ter unha boa conversa nun café.
Javier Pérez Buján, director da Fundación Laxeiro de Vigo, describe así a Laxeiro, a súa vida e a súa obra, na páxina do Consello da Cultura Galega : Preme aquí.
Tamén fixo a biografía para a Fundación Abanca, que ten unha colección marabillosa do artista.
Escollín algunhas imaxes de obra das coleccións da Fundación Abanca, do Consello da Cultura e da propia Fundación Laxeiro.