“A transcendencia do efémero” Conferencia de Luz Darriba

En este momento estás viendo “A transcendencia do efémero” Conferencia de Luz Darriba

“A transcendencia do efémero” foi o tema da conferencia que a artista Luz Darriba impartiu no Liceo de Ourense en outubro do 2022.

Foi un dos eventos do ano cultural organizado pola plataforma “Non ao peche da UPO”.

Esta conferencia estivo dedicada sobre todo a mulleres artistas, tantas como homes e que demasiadas veces quedan ensombrecidas polo privilexio patriarcal que lle dan aos artistas homes na prensa xeral.

Tocáronse temas como a importancia da arte efémera e procesual, o feito de que este tipo de arte sexa o que mais é recordado polo público y a ligazón que hai entre este tipo de arte coa antropoloxía e o comportamento humano.

Explicáronse performances e happenings, instalacións de rúa e macroinstalacións en lugares estratéxicos, e varios proxectos  de Land Art. Saíron nomes como Marina Abramović, Ana Mendieta,  Pippa Bacca, Mónica Mura e a obra da propia Luz.

“A transcendencia do efémero” foi unha charla necesaria que abriu moitas mentes. Na presentación comentamos eses típicos comentarios que se fan cando non se comprende unha obra: Isto é arte?, O meu fillo fai isto… O que temos que pensar é que a arte é infinita, haina para tódolos gustos… pero sobre todo, a arte é intrínseca e necesaria. Precisamos da arte para entendernos a nós e a o noso tempo. O esforzo de afondar nela compensa. Hai que facelo.

Estas conferencias son esenciais.

Grazas Luz Darriba