Fun a casa do artista plástico ourensán Baldomero Moreiras para falar da vida e da arte. Non controlo moito de edición de vídeo… nin de gravar vídeos! Así que é moi amateur. Pero merece a pena ver a Baldomero, á súa casa e o seu taller. Neste anaco de vídeo falamos dos carteis. Dos seus carteis, claro. De como comezou a idea da exposición de Celanova do verán pasado na Casa Museo Curros Enríquez de Celanova.
Tedes o libro que publicamos en conxunto coa fundación na páxina do Laboratorio Frenética.
Entrar na casa do artista é unha marabilla. É unha das cousas que máis me gustan do meu traballo. Están no seu espazo, no seu ambiente… aí onde as palabras saen espontáneamente e as mellores anécdotas desvélanse.
Este vídeo é un anaco, antes xa tiñamos falado dun catálogo da exposición de fotografía de Xulio Gil, de varios proxectos conxuntos e do ben que se vive na aldea… (Iso Baldomero, eu non tanto).
Queda pendente ver a obra que Baldomero di que me vai mostrar. Cortar o vídeo onde o cortei foi totalmente intencionado.
Adiántovos que é collage, que é político e que dará moito que falar.
Seguimos adiante Baldomero!