Marita Carmona – Nota de prensa de Libro de horas

En este momento estás viendo Marita Carmona – Nota de prensa de Libro de horas

Marita CarmonaMarita Carmona chega coa súa nova serie “Libro de Horas” ao Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense.

A artista e galerista da Coruña Marita Carmona leva 6 anos residindo en Ourense. Por fin, chega ás salas do Centro Cultural Marcos Valcárcel. Trátase da segunda exposición individual da artista na cidade, sendo a primeira no ano 2021 no Espazo de Arte de Roberto Verino. Presentará obra pictórica de grande e medio formato xunto con debuxos de diversos tamaños.

Tráenos a súa última serie “Libro de Horas”, á que acompañarán algunhas obras de etapas anteriores que complementan o concepto da exposición.

A inauguración será o xoves 1 de febreiro ás 19:30 na sala do primeiro piso do Centro Cultural. Alí recibirán ao público a propia artista e Olga Pastor, comisaria da exposición.

30/01/2024

Marita Carmona como artista

Marita Carmona nace en Madrid en 1975 e de moi nova instálase con toda a súa familia na cidade da Coruña. Crece nun ambiente artístico e cheo de xente, xa que ven dunha familia numerosa.

Cursou dous anos de Belas Artes en Pontevedra e puxo rumbo a Barcelona onde estudou na Escola D ́Arts Aplicades Llotja. A súa vida como artista profesional comeza no ano 1995 coa súa primeira exposición individual. Desde entón, a súa obra xirou pola Coruña, Ourense, Ferrol, Sada, Barcelona e Herne (Alemania).

Crear un mundo artístico produto da defensa pola total liberdade creativa podería ser un resumo acertado da miña traxectoria. Longos períodos de xestación preceden a cada unha das miñas exposicións.Marita Carmona

Libro de Horas

Libro de Horas é o nome da exposición que se inaugura o 1 de febreiro e tamén o nome da serie pictórica que presenta.

Con trazos entre sobrenaturais e oníricos, a artista presenta lenzos de grande formato con tonalidades escuras e semitransparentes. Trátase dun universo tan enigmático e perturbador que resulta imposible non sorprenderse co contraste que percibimos vendo e falando coa propia artista.

O simbolismo na obra de Marita Carmona é unha constante e apréciase facilmente despois de atoparnos con ela, familiarizarnos co seu imaxinario e asimilar a mirada afiada coa que traballa. As portas como símbolo de comunicación entre dúas realidades é común, así como as pontes e as escaleiras. Lugares de tránsito que son, están e comunican. Olga Pastor, comisaria da mostra.

Esta exposición fala das pontes que traza a mente a través da arte e do mundo simbólico para entender, resistir, recrear e dar sentido á vida.

A imaxinación, pensar en imaxes, como exercicio de restitución e de restauración da respiración mental necesaria para xerar espazos novos.

Todas as pezas representan momentos puntuais dunha personaxe. Momentos de intimidade transitoria plasmados con trazos non realistas. Son os mundos internos de cada un. As súas ficcións, medos ou secretos. Trátase de obra moi recente que garda unha sutil liña cunha serie de fai 15 anos chamada “Deshoras”

Nestes traballos que presentas baixo a éxida do Libro de Horas, mais tamén noutras pinturas túas que xa coñecía, semella que operas dentro do espazo dunha narrativa propia. Penso que estás a armar unha narración independente e moi interesante, dentro dun marco do puro tradicional. A sensación de que por veces, constrúes o teu niño mesmo na contra desa narrativa. Pablo Otero, artista e ilustrador que participa no catálogo da exposición con unha perfilada entrevista á artista.

Marita Carmona como galerista

Desde fai un ano Marita Carmona rexenta a galería de Arte DodóDadá xunto coa súa parella o tamén artista Xosé Vilamoure. Polas súas paredes de ladrillo xa pasaron os mais variados artistas e estilos. Ademáis impártense clases de pintura e creatividade para adultos e organizan obradoiros e recitais de poesía. Está na praza Manuel Sueiro, no casco histórico da cidade.

Olga Pastor

A comisaria de “Libro de Horas” é unha axitadora cultural de Ourense especializada en arte actual. Ademáis de comisaria, é docente, consultora de arte e fai traballos de comunicación e marketing. Recentemente emprendeu un proxecto de arte e edición chamado Frenética. Está dedicado a libros de artista, libro ilustrado e biografías de xente do mundo da arte.

Deja una respuesta

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: Olga Pastor Alvarado.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.